Centro fundado o 20 de decembro de 1999 por iniciativa dun grupo de entusiastas galegos que querían manter viva a nosa lingua e tradicións.
O centro que comezou con só 9 socios foi medrando e no ano 2001 contaba xa con 67, entre os que cabe mencionar un núcleo de xóvenes con moito entusiasmo e desexos de traballar en varios campos para o progreso da institución, principalmente na danza, constituindo moi pronto o primeiro plantel de danzas denominado “Airiños da nosa terra”
O local onde desenvolven as súas actividades foilles cedido, provisionalmente, por un comerciante da zona.
Por resolución de data 20 de xuño de 2004 a entidade foi nomeada centro colaborador da Xunta de Galicia, e na actualidade conta con 120 socios todos eles de orixe galega.